miércoles, 5 de agosto de 2009

Cronica

Un domingo máis coma cada mes os de "Paso Miúdo" dirixíamonos a realizar unha nova ruta, esta vez sen autobús pois eramos pouca xente (soamente 10) pero iso sí, eramos bos.
Nesta ruta acompañounos xente nova coma Dani ou Xoan: dous rapaces ós cales a ruta se lles fixo un pouco longa, sobre todo despois de haber feito por error 5 km máis da conta.
Pero logo dun bo xantar xa estaba esquecida a longa camiñata. Tras tomar o café xa quedamos para a seguinte ruta "a senda dos encomendeiros" dentro das fragas do Eume
Ata a próxima

Ángel Rivas

Descricion da ruta

Comenzamos a ruta na zona do aparcamento en direción cara a fraga. Subimos seguindo a direcion dos sinais. No primeiro cruce deixamos a opción dos carboeiros e seguimos subindo ata chegar a unha pista de area. Aquí xiramos á esquerda seguindo este camiño ata o seguinte cruce de sinais. Aquí colleremos de novo á esquerda polo camiño, descendemos e logo seguimos ó chao ata chegar a derivación para coller esta vez cara os carboeiros e así xuntarnos de novo ca zona xa recorrida e voltar ó punto de orixe.